martes, 12 de abril de 2016

Hemos publicado en gallego el texto del espectáculo en este maravilloso volumen


Santiago Cortegoso
A filla de Woody Allen.
Pequenos actos pseudorrevolucionarios.
O furancho


Este volume contén os textos de tres dos espectáculos estreados por Ibuprofeno Teatro dende a súa fundación no 2010. A traxectoria da compañía de Santiago Cortegoso e Marián Bañobre completaríase con Fitness (2013), un espectáculo de clown de rúa mudo, e Raclette (Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2014), estreada en 2016.

A liña mestra de Ibuprofeno Teatro é a procura dunha linguaxe propia e recoñecible para falar dos temas clave dunha sociedade globalizada e complexa, que condiciona os personaxes e os leva a situacións absurdas, cargadas dun humor acedo e sarcástico.

ISBN 978-84-15166-62-7
Páxinas: 172
Encadernación: Rústica
Formato: 130 x 210 mm
PVP: 14 €

Santiago Cortegoso é autor, director e actor de teatro. Algúns dos seus textos recentes, ademais dos creados en Ibuprofeno teatro, son: Smoke on the water (Premio MOME Varela Buxán 2013), El charco de Ulises (Iberescena 2010, editado en Artezblai), 0’7% Molotov (Premio Rafael Dieste 2009, estreado por Teatro de Ningures, finalista a mellor texto orixinal nos Premios Max e nos María Casares 2012), Hámster (III Encuentros en Magalia 2008, editado no nº 60 da RGT, estreado pola Sala Triángulo de Madrid), Des-memoria-2 (Para Disquedanza, 2009) e Casa O’Rei. Traxicomedia gastronómica (Edicións Morgante, 2010).

Para máis información ou solicitar un exemplar, escribídenos a anxa@edicionsmorgante.com  ou telefonade ao 986 168 028.
Podedes consultar a nosa web http://www.edicionsmorgante.com